CRTVG

Buscar

Os socialistas fan causa dos valores europeos e da socialdemocracia

Publicado o 11/05/2019 11:22

Nada máis coñecerse o falecemento de Alfredo Pérez Rubalcaba, o partido socialista suspendeu todos os actos de campaña. Tamén os deste sábado. Antes, o cabeza de lista do PSOE para as europeas, Josep Borrel, fixo campaña en Toledo.

A número dous dos candidatos do PSOE ao Parlamento Europeo recordou que o que está en xogo o 26 de maio é, nin máis nin menos, a recuperación dos valores da Unión Europea, algo que, dixo, só o pode facer o Partido Socialista.

Iratxe García destacou a relevancia destas eleccións porque, dixo, é necesario recuperar a ilusión do proxecto europeo cuxos valores son os mesmos que os da socialdemocracia.

A candidata socialista comprometeuse a traballar por unha europa feminista, igual entre homes e mulleres.

 

 

Noticias web

11/05/2019