Os socialistas de Lugo votan a favor de reclamar a débeda do Estado con Galicia
Publicado o 30/01/2020 14:58
O PSOE de Lugo apoia unha moción do PP para reclamar a débeda do Estado con Galicia.
Aprobárona hoxe en pleno. Socialistas e populares uníronse na reclamación dos 200 millóns que o Goberno central ten pendentes coa comunidade.
Tamén votou a favor o BNG, que defendeu ademais que a Xunta reclame os cartos pola vía xudicial.