CRTVG

Buscar

Os socialistas avogan por un cambio que permita trasladar o modelo de xestión de Pedro Sánchez a Galicia

Publicado o 26/06/2020 21:51

O líder dos socialistas galegos participou no acto principal do primeiro dia de campaña en Redondela. É o punto e final a un día intenso no que Gonzalo Caballero fixo parada en Lugo. Alí mantuvo reunións con alcaldes socialistas da Mariña.
De Lugo, a Vigo. Pola tarde sumouse á caravana socialista o ministro de Cultura, Jose Manuel Rodríguez Uribes. Caballero e Uribes apostan polo cambio progresista en Galicia e avogaron por implantar na nosa comunidade o modelo de xestión de Pedro Sánchez en Madrid. Unha xestión, din, que prioriza as persoas.

Noticias web

26/06/2020