CRTVG

Buscar

Os sindicatos queren sacar músculo o primeiro de maio e saír masivamente á rúa

Publicado o 22/04/2021 16:27

Falta pouco máis dunha semana e os sindicatos preparan os actos do día do traballador. Os sindicatos din que este primeiro de maio haberá manifestacións multitudinarias. Iso si, aseguran que cumprirán cos protocolos.

Queren un primeiro de maio con xente na rúa, pedindo que as cousas cambien e sacando, din, músculo sindical. Cumprindo coas normativas sanitarias, haberá manifestacións en distintas cidades e por exemplo aquí en Madrid concentración final na Porta do Sol.

Un día para reivindicar na rúa o cumprimento por parte do Goberno da axenda social. Suba do salario mínimo e derrogación da reforma laboral e a das pensións. Tamén momento para meter no debate a necesidade dunha reforma fiscal, imprescindible, din, para manter os servizos públicos.

 

Noticias web

22/04/2021