CRTVG

Buscar

Os sindicatos policiais piden tests masivos para os axentes

Publicado o 08/09/2020 14:49

Os sindicatos policiais en Galicia denuncian abandono por parte do Goberno central. Ante a Subdelegación do Goberno, pediron tests masivos para todos os axentes. Denuncian que o gromo que afectou os policías dunha unidade en Vigo, despois de estar destinados en Madrid, puido ser masivo. Denuncian que non se adoptaron as medidas preventivas necesarias.


 

Noticias web

08/09/2020