CRTVG

Buscar

Os sindicatos piden protección para os eventuais no ERTE de Stellantis

Publicado o 29/03/2021 14:42

Segunda reunión entre sindicatos e empresa para negociar o ERTE da fábrica viguesa de Stellantis.

A protección do ERTE para todos os traballadores da empresa, fixos, eventuais e con contratos parciais é un dos principais obxectivos dos sindicatos de Stellantis. Queren garantir para todos os empregados o cobro dun salario mínimo. Os sindicatos consideran que o paro na produción afectaría tamén ao persoal con contratos precarios, pero quedarían sen cobrar se non entran no ERTE.

A escaseza mundial de chips levou a empresa a propoñer este expediente temporal de emprego. Carecen dos compoñentes necesarios para manter a produción nos niveis actuais da factoría viguesa. As negociacións continuarán este martes pola tarde. A empresa xa anunciou que quere ter o ERTE listo antes dos festivos da semana Santa.

Noticias web

29/03/2021