Os sindicatos piden apoio político para lograr carga de traballo para Navantia
Publicado o 23/09/2020 19:37
Hoxe en Ferrol, os traballadores de Navantia e da industria auxiliar volveron saír á rúa. Partiron do Arsenal e concentráronse na praza de Armas. Alí mantiveron unha xuntanza cos alcaldes de Ferrol e de Fene, onde, ademais de trasladarlles a súa preocupación pola falta de carga de traballo, tamén lles pediron apoio para sumarse á cadea humana que van organizar entre os dous estaleiros en sinal de protesta.