CRTVG

Buscar

Os sindicatos médicos de Galicia protestan ante o Sergas polo aprazamento da carreira profesional

Publicado o 17/11/2020 14:54

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia manifestouse ante a Consellería de Sanidade. Protestan pola paralización do proceso de recoñecemento de novos graos da carreira profesional dos facultativos, e instan o Sergas a cumprir coa súas obrigas.

Os sindicatos tamén convocaron para o próximo martes a segunda xornada de folga xeral de médicos para protestar polo real decreto lei que permite contratar médicos sen MIR.

Noticias web

17/11/2020