CRTVG

Buscar

Os sindicatos ferroviarios piden máis frecuencias no eixo atlántico

Publicado o 28/09/2021 17:33

Os sindicatos piden máis trens para o eixe atlántico, o que une Coruña e Vigo pasando por Santiago. O xoves vai abrir o complexo Viala da estación de Vigo, e os sindicatos cren que a demanda dos viaxeiros superará á oferta de frecuencias.

Cren que esa demanda medrará sobre todo entre os estudantes universitarios, especialmente os domingos, cando os trens da tarde van completos e quedan viaxeiros sen poder acceder ao servizo. Os sindicatos non entenden a resistencia de Renfe a repoñer as frecuencias que foron suprimidas a raíz do estado de alarma.

Cren que o novo centro Vialia que se inaugura o xoves en Vigo, construído sobre as plataformas soterradas da estación de Urzáiz, aumentará a demanda de viaxes en tren no eixe Pontevedra-Vigo-Santiago. Por iso piden que se reforce canto antes o servizo.  

 

Noticias web

28/09/2021