Os sindicatos denuncian o inmobilismo de PSA na segunda xornada de paro
Publicado o 22/05/2019 18:38
O paro da primeira quenda da xornada comezou cunha mobilización que partiu da factoría. A empresa cifra o seguimento nun 18 %, con consecuencias graves na produción. Desde os sindicatos falan de paralización total.
Lamentan que a empresa non reaccionara tras a primeira xornada de folga da semana pasada e urxen solucións.
Máis de 5.000 traballadores están convocados á folga cun paro de doce horas, catro por cada unha das quendas. Piden solucións ante a alta carga de traballo nos sistemas de produción desde o comezo da fabricación da furgoneta K9.