CRTVG

Buscar

Os sindicatos brasileiros protestan contra a reforma das pensións e xubilacións

Publicado o 23/03/2019 14:04

Os principais sindicatos do Brasil mobilizáronse o venres en 120 cidades para protestar contra a reforma do sistema de pensións e xubilacións proposta polo goberno de Jair Bolsonaro.
Esta reforma, moi semellante á do sistema chileno, é unha das principais promesas da campaña do presidente, e inclúe unha idade mínima para xubilarse de 62 anos para as mulleres e 64 para os homes. As normas actuais facilitan que nalgúns casos poidan facerse antes dos 50 anos.
O líder do opositor Partido Socialismo e Liberdade, Guilherme Boulos, ex-candidato presidencial, é un dos convocantes destas marchas multitudinarias.
 

Noticias web

23/03/2019