CRTVG

Buscar

Os sete edís do PP volven ao goberno de Ourense con Democracia Ourensana

Publicado o 24/06/2021 20:13

O PP volve ao goberno da cidade de Ourense tras nove meses de ruptura con Democracia Ourensana. Segundo anunciaba esta mesma tarde o alcalde da cidade Gonzalo Pérez Jácome, populares e Democracia Ourensana chegaron finalmente a un acordo polo que os sete edís do PP recuperan as áreas que xestionaban antes da crise de goberno, como Facenda, Urbanismo e Servizos Sociais, entre outras.

Neste tempo, e tras romper tamén con varios edís da súa formación, Jácome estivo gobernando a terceira cidade de Galicia co único apoio de dous concelleiros.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense: "Sempre dixen que tres dabamos feito de abondo, pero cantas máis persoas mellor. Os que se moveron foron eles. Nós seguimos no mesmo sitio en que estabamos antes e sempre mantivemos a mesma palabra: en setembro e agora en xuño". 

Flora Moure, voceira do PP en Ourense: "Un goberno formado por tres membros non pode funcionar nunha cidade como Ourense. Pensamos que un de dez membros sempre será máis útil para a cidade, para mellorar a calidade de vida dos ourensáns".

Noticias web

24/06/2021