CRTVG

Buscar

Os servizos de emerxencia rescatan unha muller que caeu nunha zona rochosa en Oia

Publicado o 05/08/2020 14:48

Unha muller de 62 anos tivo que ser rescatada na zona das mariñas no concello de Oia cando esvarou polas rochas mentres paseaba cunha veciña. 

Sobre as once da mañá, os servizos de emerxencia da Guarda foron alertados da caída dunha muller nunha zona rochosa de difícil acceso.

Os seus acompañantes non puideron facer nada para sacala, o que obrigou os bombeiros a acudir ao lugar dos feitos. Tamén se achegaron á zona os servizos sanitarios.

A muller estaba consciente cando chegaron os servizos sanitarios para auxiliala. Foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro cunhas pequenas contusións. 

Noticias web

05/08/2020