CRTVG

Buscar

Os repartidores pasarán a ser persoal laboral das plataformas

Publicado o 11/05/2021 08:29
Os repartidores pasarán a ser persoal laboral das plataformas

En tres meses os repartidores (riders) pasarán a ser persoal contratado das plataformas de reparto. É o prazo de entrada en vigor da coñecida como lei rider, que hoxe será aprobada no Consello de Ministros. 

A norma regulará o traballo dos repartidores a domicilio, que deixarán de ser autónomos. As plataformas de entrega a domicilio (delibery) terán que informar dos algoritmos que supoñen as decisións de reparto e condicións de emprego. Yolanda Díaz apuntou que España será o primerio país que teña unha norma destas características.