CRTVG

Buscar

Os restos óseos achados en Asturias son do mozo de Narón desaparecido

Publicado o 01/06/2021 13:24
Os restos óseos achados en Asturias son do mozo de Narón desaparecido

As probas de ADN confirmaron que os restos atopados en Asturias hai tres meses corresponden ao mozo de Narón Fiz Patiño Rubal, desaparecido en setembro do ano pasado.

O rapaz, de 23 anos, saíra da súa casa de Narón coa intención de ir a un evento en Lugo. A Garda Civil levou a busca ata Asturias, que foi onde finalmente se localizou o cadáver a carón dunha mochila, nunha zona de difícil acceso.

Noticias web

01/06/2021