CRTVG

Buscar

Os restaurantes van retomando a actividade con lentitude

Publicado o 27/05/2020 21:12

Antes da pandemia este restaurante de Ordes daba unhas 120 comidas cada día. Entre a clientela, moitos transportistas, comerciais e traballadores de paso que facían aquí a súa parada para comer.

Agora funcionando de novo, pero ao 40% da capacidade, tal e como marca a fase 2 serven unhas 50 ou 60 comidas.

E que a volta da hostalería ao traballo está a ser moi lenta, os hostaleiros de Santiago, por exemplo, calculan que só abriron de momento o 20% dos negocios e que de aquí á fin de semana iranse sumando máis ata chegar a un 30% de locais abertos. A incerteza de como vai responder a clientela mantén a moitos á expectativa.

Tamén o límite de ocupación levou a moitos a permanecer polo momento pechados.

Din os hostaleiros que non atopan reticencias entre os clientes, uns clientes que poden acceder con total seguridade aos seus locais porque afirman que o compromiso e o esforzo do sector por adaptarse as novas normas é máximo.

 

Noticias web

27/05/2020