CRTVG

Buscar

Os restaurantes sen medidor do CO2 poden dar ceas se demostran que o solicitaron

Publicado o 23/04/2021 14:58

Novidades para o sector da hostalería. Os restaurantes que non teñan medidor de CO2 poderán servir ceas, pero cunha condición. Trátase dunha especie de moratoria. Aqueles establecementos que non dispoñan aínda de medidor de CO2, poderán servir ceas sempre e cando acrediten que xa o solicitaron, é dicir, que fixeron a xestión pero aínda non recibiron o dispositivo.

Lembramos que dende hoxe o medidor é obrigario nos restaurantes para poder ofrecer o servizo de cea. Algo que xerou moita demanda, e nalgúns casos, problemas de stock e atrasos nos envíos.

 

 

 

Noticias web

23/04/2021