CRTVG

Buscar

Os restaurantes prepáranse para os menús de Noiteboa por encarga

Publicado o 15/12/2020 15:24

Visitamos unha cociña en que dentro de oito días estarán preparando os menús de Noteiboa de moitos fogares. Pablo cociña hoxe un dos pratos habituais deses pedidos.

Pablo Vilas, cociñeiro, explica como empezar a facer unha empanada, "algo fácil de facer, que todos podemos facer na casa".

Como poder, pódese. Pero é moito máis cómodo levala feita. No restaurante teñen xa varios encargos para a Noiteboa de comida para levar. E parece que neste Nadal tan peculiar, as preferencias gastronómicas tamén mudaron.

Carmen Castro Manzanares, propietaria dun restaurante, asegura que a xente quere "cousas sinxelas, xa non busca a comida tan elaborada, quere que lle prepares por exemplo un cordeiro para levar para casa".

Este ano non haberá ceas con grande número de comensais. Todo se volve máis sinxelo, ata nos menús. O que se busca é o que se desexa é facelo todo más fácil.

Pablo Vilas, cociñeiro, explica cómo procuran "facer as cousas fáciles, para que a vostede lle resulte fácil ao chegar á casa." Na Noiteboa abondará con estar en boa compañía e, se pode ser, degustando un bo prato sen levar traballo, moito mellor.

Noticias web

15/12/2020