CRTVG

Buscar

Os restaurantes de Redondela enxalzan o choco nunhas xornadas gastronómicas

Publicado o 07/05/2021 21:31

De ter sido distinta a historia do último ano e medio, estariamos falando do inicio da trixésimo quinta festa do choco. Así que, se non podemos ir de festa, que a celebración se faga, polo menos, na mesa. Con ese espírito, uníronse varios establecementos hosteleiros redondeláns na organización destas Xornadas Gastronómicas. Os participantes ofrecen menús baseados no produto estrela que se poden consumir nos locais ou levar a casa.

Alén das preparacións máis tradicionais, as novas cociñas aventúranse a probar maridaxes insólitas. A versatilidade deste cefalópodo fai voar a imaxinación.

As redes sociais do concello retransmitirán demostracións de cociña en vivo e haberá concertos nas rúas nas fins de semana.