CRTVG

Buscar

Os Resentidos actúan no Mar de Vigo co protocolo para pequenos concertos ao aire libre

Publicado o 22/05/2021 21:18

Hai unha semana no auditorio Mar de Vigo a chuvia obrigaba a trasladar o concerto de Andrés Suárez desta terraza ao sol a un auditorio interior co conseguinte desorde que supuxo ter que suspender o evento.

O sol portouse e sen dubidalo o Terraceo volveu coa ría de Vigo de fondo. As normas seguen sendo as que eran: máscara, distancia en caso de non ser convivintes e a posibilidade de comer e beber. Cando entren en vigor as novas normas, en xullo, estas persoas se non chegan a mil e hai espazo para a separación poderán estar de pe pero non poderán comer nin beber.

Antón Reixa, que presenta o disco "Organización Nautilus", o primeiro dos Resentidos de estudo desde 1993, moi concienciado porque estivo ingresado por coronavirus, cóntanos o que supón volver cantar co público en directo.

E ao final, música. en directo.

Noticias web

22/05/2021