CRTVG

Buscar

Os republicanos bloquean no Senado unha comisión sobre asalto ao Capitolio

Publicado o 28/05/2021 18:34
Os republicanos bloquean no Senado unha comisión sobre asalto ao Capitolio
 EFE
Os republicanos bloquearon este venres a consideración no Senado dos Estados Unidos dun borrador de lei para crear unha comisión independente que investigue o asalto ao Capitolio do pasado 6 de xaneiro, que deixou cinco mortos, entre eles un policía. Os demócratas non lograron alcanzar o mínimo de apoios -60- para iniciar o debate na cámara sobre a formación desa comisión nunha votación de procedemento, cuxo resultado foi de 54 sis e 35 nons. A votación debería levarse a cabo o xoves, pero atrasouse debido á prolongación do debate onte á noite sobre outra proposta lexislativa para aumentar a competitividade dos EUA fronte á China. 

Noticias web

28/05/2021