CRTVG

Buscar

Os repartidores das plataformas dixitais terán que ser asalariados

Publicado o 10/02/2021 19:18
Os repartidores das plataformas dixitais terán que ser asalariados

Empresas como Glovo ou Deliveroo terán que traballar por lei con repartidores asalariados. Así o acordaron o Goberno, os sindicatos e patronal na última xuntanza para preparar a futura lei de plataformas dixitais.

A CEOE acabou aceptando a fin do actual modelo, o dos chamados falsos autónomos, despois de recibir varias sentenzas condenatorias. Agora, as partes decidirán se se crea un modelo propio de relación laboral para estas compañías ou se se someten á mesma regulación que o sector da loxística e o repartimento.

Noticias web

10/02/2021