CRTVG

Buscar

Repartidores critican Lei de 'riders', que obriga as plataformas a contratalos

Publicado o 12/05/2021 15:13

Calcúlase que en España hai uns trinta mil repartidores a domicilio que traballan para plataformas dixitais tan coñecidas como Glovo, Deliveroo ou Uber Eats. Son autónomos, pero a súa situación laboral está a punto de cambiar. O Goberno acaba de aprobar unha lei que obriga a estas empresas a contratalos como asalariados. E ponlles de prazo tres meses para dalos de alta na Seguridade Social.

A medida non contenta a gran parte do colectivo. A Asociación Profesional de Riders Autónomos cre que o 75 % dos repartidores van ir á rúa e o outro 25 % será contratado en emprecario a través de empresas de traballo temporal. Sábeo ben José Luis Lladoz, un repartidor de Vigo que teme volver a unha situación en que xa estivo en que lle pagaban as horas extra en negro cun contrato de quince horas semanais. As súas condicións melloraron cando se fixo autónomo, como o resto dos seus compañeiros. Rafael Casal cóntanos que agora gaña uns 2.000 euros ao mes e cre que con 56 anos non vai conseguir quen o contrate.

Defenden, ademais, outras vantaxes que lles reporta ser autónomos, como traballar para varias plataformas ao mesmo tempo, ou a flexibilidade para escoller o horario laboral. Por iso, varias asociacións de repartidores piden agora que se free no Congreso a convalidación do decreto.

Noticias web

12/05/2021