Os reis reúnense en Mallorca co sector turístico e asistencial
Publicado o 25/06/2020 15:27
Os reis visitan Baleares na xira que os vai levar por todas as comunidades autónomas. En Palma de Mallorca, don Filipe e dona Letizia reuníronse con representantes do sector turístico para coñecer os protocolos de seguridade cos que afrontan esta campaña marcada pola crise sanitaria. Tamén mantiveron un encontro con entidades de apoio ás persoas vulnerables, que lles explicaron que a pandemia duplicou o número de persoas excluídas nas Baleares.