CRTVG

Buscar

Os reis regalan ao presidente coreano unha escultura dunha cuncha xacobea

Publicado o 15/06/2021 19:36
Os reis regalan ao presidente coreano unha escultura dunha cuncha xacobea
EFE

Os reis regalaron ao presidente de Corea do Sur, Moon Jae-in, e á súa esposa, Kim Jung-sook, quen se atopan de visita de Estado a España, unha escultura dunha cuncha xacobea tallada en xema con motivo da celebración do Ano Santo.

Don Filipe e dona Letizia quixeron facer unha homenaxe ao Ano Xacobeo, que se celebra este ano e en 2022, ao ser Corea uno dos países que máis atracción ten polo Camiño de Santiago, informaron fontes da Casa Real. A figura da cuncha está esculpida en xema serpentina que procede do mesmo xacemento do que se extraeu o material co que se tallaron os baixorreleves da antiga catedral de Santiago de Compostela.

Os reis tamén obsequiaron o mandatario surcoreano e a primeira dama cun cadro da chaira da praza do Obradoiro, obra tamén do artista compostelán Cándido Pazos. A conmemoración do V centenario da primeira volta ao mundo (1519-1522) de Juan Sebastián Elcano e Fernando de Magallanes é o motivo doutro dos agasallos entregados a Moon. Trátase dunha reprodución realizada á man e a escala da nave Vitoria do século XVI onde Elcano completou a primeira circunnavegación.

O mandatario coreano e a súa esposa comezaron este martes unha visita de Estado de tres días repartidos entre Madrid e Barcelona. Trátase da primeira visita de máximo nivel dun mandatario estranxeiro a España desde o comezo da pandemia.

Noticias web

15/06/2021