Os reis presiden en Alcalá os actos do Día do Libro, coa ausencia do premio Cervantes
Publicado o 23/04/2021 15:06
O reis presidiron os actos do Día Internacional do Libro. O escenario foi a sede do Instituto Cervantes en Alcalá de Henares, onde o actor José Sacristán leu textos de Miguel Delibes e Antonio Machado. Tamén se proxectou un vídeo do galardoado co premio Cervantes, o poeta valenciano Francisco Brines, que non puido estar presente por motivos de saúde. Ao remate do acto, o Rei descubriu unha placa conmemorativa do trixésimo aniversario do instituto.