CRTVG

Buscar

Os Reis Magos visitan e ilusionan os fogares dos galegos máis cativos

Publicado o 06/01/2019 15:15

Nin o intenso frío desta mañanciña nin a madruga impediron que os nenos galegos volvesen gozar, un ano máis, da visita das súas maxestades de Oriente. Coma outros rapaces, Noa, de seis anos, e Luna, de só dous, espertaban máis ilusionadas ca nunca, porque sabían que os Reis Magos chegaban un ano máis cargados de agasallos ao salón da casa.

Semella que os Reis foron xenerosos tamén esta vez, porque cumpriron todas as peticións desas cartas que tanto traballo lles custa ler.

O ruído do papel deixa entrever entre as caixas todo tipo de agasallos en forma de libros, xoguetes e mesmo lambetadas, e todo por portarse ben ao longo do ano.

Mentres os máis pequenos gozarán todo o día dos seus xoguetes novos, os pais terán que descansar de todo o traballo que supón conseguir que a maxia dos Reis volva de novo para o vindeiro ano.

Noticias web

06/01/2019