CRTVG

Buscar

Os reis inician a súa viaxe a Andalucía cunha visita ao barrio máis pobre de España

Publicado o 29/06/2020 15:08

Os reis visitan Andalucía na terceira etapa da súa xira por todas as comunidades tras a fin do estado de alarma. En Sevilla percorreron o barrio das Tres Mil Vivendas, un dos máis pobres de España.

Alí coñeceron o traballo que realizan varias institucións e ONG para paliar as carencias dos veciños, acrecentadas pola pandemia.

Acompañados pola ministra de Facenda e o presidente da Junta, os reis tamén se reunirán con empresarios e pasearán polo centro histórico de Sevilla antes de trasladarse a Córdoba.

Noticias web

29/06/2020