CRTVG

Buscar

Os reis empezaron nas Canarias as visitas que farán por todas as comunidades autónomas

Publicado o 23/06/2020 15:41

Os reis empezaron hoxe en Canarias a primeira das visitas que farán por todas as comunidades autónomas, para coñecer de primeira man as consecuencias da pandemia en todo o país.

Don Filipe e dona Letizia queren apoiar a recuperación da actividade social, laboral e económica de España, unha vez rematado o estado de alarma. Nas Palmas, esta mañá, visitaron a casa-museo de Galdós e reuníronse con empresarios do sector agrícola e turístico.

 

 

 

Noticias web

23/06/2020