Os reis coñecen o impacto da COVID-19 nos espazos naturais
Publicado o 06/05/2020 14:23
Os reis de España coñeceron nesta xornada o impacto da COVID-19 nos espazos naturais protexidos. A través dunha videoconferencia con catro responsables da Rede de Parques Nacionais, Filipe VI e a raíña Letizia souberon da ausencia de visitantes nestes espazos.
Ademais, foron informados sobre o impacto socioeconómico da pandemia sobre os 167 concellos situados dentro da rede, que contan cunha poboación de un millón e medio de habitantes.