CRTVG

Buscar

Os reis dan negativo nas probas do coronavirus

Publicado o 13/03/2020 11:31

Os reis deron negativo nas probas do coronavirus, ás que se someteron como medida de prevención, por estar en contacto co persoas contaxiadas.

Unha delas, a ministra Irene Montero, con que a raíña coincidiu nun acto público. Aínda así, a raíña dona Letizia permanecerá uns días sen axenda.

O positivo de Irene Montero fixo que se controlara todo o Goberno. Todos fixeron a proba e deu positivo a ministra de Política Territoral e Función Pública, Carolina Darias, como ela mesma confirmaba no Twitter explicando que está ben e que seguirá exercendo a súa responsabilidade na casa.

Tamén hai novos casos en Vox. O propio presidente do partido, Santiago Abascal, e a secretaria xeral do grupo parlamentario, Macarena Olona.

Nas últimas horas soubemos que tanto o mitin que celebrou Vox en Vistalegre o domingo como as manifestacións do 8-M foron contrarias ao criterio da Axencia Europea para o Control de Enfermidades. O organismo chama a evitar actos multitudinarios nos países cun aumento significativo de infeccións e contaxios locais, como xa estaba pasando en Madrid o domingo.

 

Noticias web

13/03/2020