Os Reis continúan a súa xira por España e hoxe visitan Navarra
Publicado o 27/07/2020 15:04
Os reis de España continúan coa súa xira polas comunidades autónomas. Hoxe están en Navarra, onde quixeron destacar o importante labor das organizacións dedicadas ás persoas con discapacidade dende que comezou a epidemia.
Visitaron na localidade de Cizur Menor o centro da Asociación de Parálise Cerebral Aspace, onde familiares e profesionais lles trasladaron aos monarcas as dificultades engadidas que supuxo para eles a covid-19.