CRTVG

Buscar

Os reis conclúen a súa viaxe de Estado a Andorra con varias visitas culturais

Publicado o 26/03/2021 15:27
Os reis conclúen a súa viaxe de Estado a Andorra con varias visitas culturais

Os reis conclúen hoxe a súa viaxe a Andorra con varios actos culturais. Amais de coñecer unha das seis escolas públicas españolas que hai no Principado, tamén visitaron a igrexa de Santa Coloma, un templo do século X que don Filipe definiu como espectacular.

Esta tarde unha visita a un museo etnográfico poralle punto final a esta viaxe, a primeira dun xefe de Estado español ao país pirenaico.

Noticias web

26/03/2021