CRTVG

Buscar

Os rastrexadores galegos conseguen dar en 8 de cada 10 casos coa orixe do contaxio

Publicado o 15/06/2021 15:55

Fan diariamente chamadas de control para localizar contactos, controlar corentenas e vixiar o estado de saúde dos contaxios. Unha das dificultades do rastrexo é que os afectados non oculten información e que cumpran o illamento.

O seu traballo comezou ao inicio da pandemia coordinados polo equipo covid do servizo de alertas epidemiolóxicas. Precisamente a colaboración e o rigor son as causas de que Galicia ocupe os primeiros postos da listaxe a nivel nacional cunha media de rastrexo superior ao 80 por cento.

Áreas como a de Vigo conseguen detectar a orixe de oito de cada dez casos, unha tendencia que seguen o resto de provincias galegas en que os rastrexos seguen a xogar un papel indispensable para cortar as cadeas de transmisión do virus.

Noticias web

15/06/2021