CRTVG

Buscar

Os radares da A-55, á cabeza en número de sancións

Publicado o 11/05/2021 15:10

Cinco radares situados en Galicia están no grupo de 50 que máis multan de toda España. Nos accesos á Coruña, na A-8 de Lugo e tamén na autovía A-55, a que une Vigo e Tui, onde ademais dunha alta sinistralidade rexístrase tamén un alto número de sancións.

Moitas multas, porque nun tramo de apenas dez quilómetros hai seis radares fixos da Dirección Xeral de Tráfico. Concretamente na zona de Puxeiros, onde a velocidade máxima está limitada precisamente para tentar reducir o alto número de accidentes.

Por aquí pasan preto de 40.000 vehículos diariamente. Dous dos radares situados neste tramo detectaron, o ano pasado, máis de 27.000 infracións,o que sitúa estes dous cinemómetros no grupo de cabeza dos que máis sancións impoñen de toda España.

 

Noticias web

11/05/2021