CRTVG

Buscar

Os psicólogos apelan á creatividade na busca de opcións seguras para o Nadal

Publicado o 13/12/2020 15:13

Este Nadal haberá moitas cousas que non podemos, ou non deberiamos, facer "coma sempre"... Para quen lle resulte difícil romper co peso da tradición, os psicólogos recomendan inventar alternativas creativas tendo sempre en conta as recomendacións sanitarias básicas.

Somos animais de costumes, por iso tradicións coma a das celebracións do Nadal teñen o seu costado reconfortante. Pero iso este ano ponnos nun brete... "Romper unha pauta é complicado... É que levo toda a vida celebrando o Nadal así... Vale, qué é máis importante, a rutina ou a seguridade?", di a psicóloga Janet Díaz. Para atopar a resposta en cada caso recomenda aplicar dous elementos fundamentais: o sentido común e a creatividade. "Para non nos quedar paralizados na tristeza, que mágoa que non me vou poder xuntar con todos, pois parar a reflexionar e creatividade... Que podemos facer neste Nadal que sexa distinto?"

E como o remate do ano é momento propicio para os balances, pode ser oportuno rescatar as aprendizaxes positivas e quizais inesperadas que nos deparou este estraño 2020 e telas presentes neste tempo do Nadal. "Que sexa distinto non quere dicir que vaia ser malo. Igual nos sorprendemos de que un Nadal sen tanta xente, na intimidade, se pode gozar tanto ou incluso máis", di a psicóloga.

Noticias web

13/12/2020