CRTVG

Buscar

Os psicólogos advirten do aumento entre os menores dos delitos con violencia contra as persoas

Publicado o 11/07/2021 17:31

A delincuencia xuvenil, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, medrou mais dun 9 por cento desde o ano 2016. Mais alá dese incremento, os expertos chaman a atención sobre un cambio no tipo de delitos.

Entre os menores medran sobre todo os delitos que implican violencia contra as persoas. O delito de homicidio, por exemplo, aumentou case un 44 por cento desde o ano 2016. O incremento é moito maior no delito de lesións.

A tendencia é global. Segundo a Organización Mundial da Saúde, o 43 por cento do total mundial de homicidios son cometidos por menores de 30 anos.

Noticias web

11/07/2021