CRTVG

Buscar

Os propietarios das casas afectadas pola construción do novo CHUAC opóñense ao derrubamento

Publicado o 21/07/2021 14:35

Viven co corazón nun puño porque non saben se as súas casas se van ver afectadas pola ampliación do CHUAC. "Non temos ningún documento oficial que nos diga cales son as casas que van demoler". "Loitamos polo noso barrio porque coa ampliación van tirar moitas casas, pero tamén nos preocupan os pacientes do hospital".

Quéixanse da falta de información e de transparencia. "Levamos ano e medio reclamando estudos a ver por que era mellor ampliar este que facelo noutro sitio como fixeron en Lugo, Santiago ou Vigo". "Pedimos o apoio da cidadanía porque cremos que é unha decisión política que non conta co apoio de moitos cidadáns".

Din que aínda queda moito tempo para que comecen as obras, polo que non perderon todas as esperanzas. "Agora están no prazo en que a empresa escollida presente unha morea de documentación e despois as empresas que xa foron desbotadas están en prazo para recorrer. E todo isto pode prolongalo todo moito máis no tempo".

Teñen claro que van seguir coas súas mobilizacións ata que alguén se digne, din, a falar con eles para explicarlles en que consiste o proxecto do novo hospital.

Noticias web

21/07/2021