Os profesores buscan recursos para chegar aos seus alumnos de forma telemática
No último mes os profesores tiveron que buscar recursos para chegar aos seus alumnos de forma telemática. Foi unha adaptación tecnolóxica obrigada que aumentou o seu traballo e que tamén require maior responsabilidade do alumnado. A través de videochamada entre profesora e alumnas comentan o novo método de aprendizaxe.
Alén das redes sociais, os profesores recorren a aplicacións como a aula virtual, a plataforma Webex, Abalar móbil ou correo electrónico para impartir coñecementos e responder a dúbidas. Tamén as achegas das editoriais.
En primaria o contacto directo cos alumnos é máis complicado. Mari prepara matemáticas ABN dirixidas tanto a alumnos como familias. As horas dedicadas aumentaron para os docentes: adaptación a un novo contorno de traballo, preparación e adecuación de materiais, e estar dispoñibles para dúbidas.
Todos coinciden en que iso é único que non poden suplir as tecnoloxías: o ambiente das aulas, estar cos seus alumnos. A eles dedicáronlles este vídeo de ánimo os profesores do CEIP A Solaina, de Narón.