CRTVG

Buscar

As autoescolas conciencian os futuros condutores sobre mobilidade segura e sostible

Publicado o 23/11/2019 20:28

Formar condutores non é só facelos coñecedores de normas de tráfico é conseguir que sexan conscientes do risco e da responsabilidade que supón levar un vehículo e como inflúen nisto factores alleos á propia condución. Eses avisos das mensaxes que nos chegan ao móbil e nos distraen, ese consumo de alcol ou doutras substancias que van influír moito máis do que pensamos cando collemos o coche.

"Hai que ir máis aló, para intentar sensibilizar estes futuros condutores das causas que ocasionan os accidentes polo menos onde agora mesmo nos gustaría centrarnos que é nas distraccións, o alcol e a velocidade. E creo que ese é o cambio de modelo no que hai que centrarse na formación dos condutores no futuro." Di María Lidón Lozano, subdirectora xeral de Formación e Educación Vial da DXT.

Precisamente pensando na sensibilización sobre estes factores os responsables de Tráfico valoraron que a mellor maneira de influír sobre o s alumnos que tratan de obter o carné é incluír na súa formación o testemuño de vítimas de accidentes de tráfico, como se fai xa nos cursos de recuperación de puntos.

"Temos dous tipos de persoas que interveñen: as familias que perderon a alguén e as vítimas como Mar, por exemplo, que van en cadeira de rodas que son tetrapléxicos. Iso chega moi fondo, porque están transmitíndoche o que che pode pasar a ti, porque a todos nos pode pasar." Di José Miguel Báez, presidente da Confedereación Nacional de Autoescolas.

Despois da reforma do actual sistema de formación, os aspirantes a condutores deberán asistir a oito horas presenciais de coincienciación con vítimas de accidentes.

Noticias web

23/11/2019