CRTVG

Buscar

Os profesionais da fotografía ven no novo DNI 4.0 unha ameaza para os seus negocios

Publicado o 18/06/2021 20:47

Para moitos profesionais da fotografía as fotos para documentos oficiais como o DNI representan boa parte dos seus ingresos.

O DNI 4.0 está previsto que estea totalmente implantado en España en agosto. Que a foto do novo formato pase a facerse nas dependencias policiais é para estes profesionais unha ameaza para o sector.

Solicítanlle ao Ministerio de Interior que conte co sector para colaborar e adaptarse á expedición do novo DNI dixital.

Temen que moitos dos negocios se vexan abocados a pechar as súas portas.
 

Noticias web

18/06/2021