Os príncipes Guillerme e Henrique inauguran unha estatua de Lady Di
Publicado o 01/07/2021 19:59
Relaxados e sorrintes: así compareceron nos xardíns do Palacio de Kensington os príncipes Guillerme e Henrique. Era a segunda vez que se vían en público desde que o irmán menor desatara unha treboada na familia real británica coas súas acusacións de racismo. Desde aquela entrevista, os duques de Cambridge e Sussex só coincidiran no funeral do seu avó, o duque de Edimburgo. Este xoves, a ocasión era máis propicia á complicidade. Inauguraban unha estatua da súa nai, Diana de Gales, no sesenta aniversario do seu nacemento. Un comunicado conxunto confirmaba o achegamento entre os dous irmáns. Ao acto non acudiron nin o príncipe Carlos de Inglaterra nin as mulleres dos dous netos da raíña.