CRTVG

Buscar

Os prezos subiron o 1,3 % en marzo pola enerxía

Publicado o 14/04/2021 08:45
Os prezos subiron o 1,3 % en marzo pola enerxía

Os prezos rexistraron en marzo unha suba do 1,3 % fronte ao mesmo mes do ano pasado debido á repunta da electricidade e os carburantes, segundo o índice de prezos de consumo confirmado este mércores polo Instituto Nacional de Estatística.

A taxa de marzo, cun forte cambio de tendencia tras as cifras negativas de 2020, é a máis alta do índice xeral desde abril de 2019 e eleva en 1,3 puntos a de febreiro, cando os prezos se mantiveron estables. En evolución mensual, marzo fronte a febreiro, os prezos subiron un 1 %.