CRTVG

Buscar

Os prezos pecharán o ano cunha caída do 0,5 por cento

Publicado o 30/12/2020 09:05
Os prezos pecharán o ano cunha caída do 0,5 por cento

O índice de prezos de consumo (IPC) situouse ao peche do ano no -0,5 % interanual, unha caída tres décimas máis moderada que a de novembro, segundo o dato adiantado este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esas tres décimas de diferenza con respecto a novembro, en que a taxa se situaba no -0,8 %, atribúense ao encarecemento dos prezos da electricidade, que baixaron o ano pasado. Tamén inflúe que os prezos dos carburantes e combustibles se incrementaron durante o último mes deste ano máis do que o fixeron en decembro de 2019.   

Co dato de decembro, o IPC interanual encadea a súa novena taxa negativa consecutiva, segundo o indicador adiantado, e pecharía o ano moi lonxe dos incrementos rexistrados ao termo de 2019 (0,8 %), 2018 (1,2 %), 2017 (1,1 %) e 2016 (1,6 %).

O IPC, que empezou 2020 no 1,1 %, quedou plano en marzo cando estalou a pandemia do coronavirus e chegou a esborrallarse ata o -0,9 % en maio, para ter despois altibaixos que lle afundiron de novo no -0,8 % en outubro e novembro.

O INE publicará os datos definitivos do IPC de decembro o próximo 15 de xaneiro.