CRTVG

Buscar

Os prezos industriais subiron en abril un 12,8 %, a maior alza en 37 anos

Publicado o 25/05/2021 09:42
Os prezos industriais subiron en abril un 12,8 %, a maior alza en 37 anos

Os prezos industriais subiron un 2,9 % o pasado mes de abril en relación ao mes anterior e disparáronse un 12,8 % en taxa interanual, a súa maior alza desde xuño de 1984, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística.

O incremento dos prezos industriais debeuse principalmente á enerxía polo encarecemento da produción, transporte e distribución de electricidade e pola estabilidade dos prezos do refino de petróleo.

Os bens intermedios subiron case dous puntos a súa taxa anual en abril debido ao maior custo da fabricación de produtos químicos. Tamén contribuíron á alza interanual dos prezos da industria os bens de consumo non duradeiro polo encarecemento do procesado e conservación de carne e da fabricación de aceites e graxas vexetais e animais. 

 

Noticias web

25/05/2021