CRTVG

Buscar

Os prezos dos alimentos seguen subindo, pero o IPC baixa polos carburantes

Publicado o 28/05/2020 19:40

Os prezos dos alimentos, que subiron con forza durante o confinamento do mes de abril, en maio mantivéronse máis ou menos estables. Pero en termos anuais seguen mostrando taxas de inflación moi elevadas. Desde maio do ano pasado subiron en xeral un tres e medio por cento.

 "Notei que voaron, ían moi altos" "Subiron moitísimo, é verdade que están empezando a baixar, pero subiron moito, si" "Si, vaia, a froita hai que comela igual aínda que suba, foita e verduras"

Destacan os prezos dos alimentos frescos, que aumentaron o ultimo ano máis dun cinco por cento. E o peixe é un dos alimentos que máis se encareceu. Neste mercado este xoves vendían a sardiña a oitos euros.

 "Algo caro si, barato barato non está, barato téñeno os mariñeiros, pero aquí non está tan barato"

E mentres os prezos dos alimentos seguen subindo, os dos carburantes baixan, e iso fixo caer o IPC por cuarto mes consecutivo. En maio baixou un 1 por cento. É o maior retroceso da taxa anual deste índice desde hai catro anos.

Noticias web

28/05/2020