CRTVG

Buscar

Os prezos do peixe e o marisco dispáranse a pesar de que as celebracións serán máis íntimas

Publicado o 31/12/2020 13:45

Prezos elevados pero un produto de primeira. Así resumen os praceiros esta xornada de Noitevella nos mercados.

"Máis ou menos mantéñense os prezos. Hai moi bo produto porque sairon moitos mais barcos".

É o caso dun exemplar de peixe sapo polo que se pagaron 260 euros. É un dos peixes máis caros do día.

"Está máis caro ca unha xoia. Só collín as encargas e xa non hai", contan no mercado da praza de Lugo da Coruña.

Entre o marisco, o percebe segue a mandar nos prezos. Ata 190 euros chegou o máis caro. Pero se hai un produto cun prezo desorbitado é a ameixa. Ata 60 euros se pagou por quilo.

Outra alternativa terán que buscar tamén os que queiran ollomol, un dos clásicos das mesas nestas datas.

"Nin caro nin barato. Non hai", explican.

Non hai grandes celebracións, pero os peixes e mariscos non han faltar na mesa para recibir un novo ano que agardamos con esperanza.

Noticias web

31/12/2020