Os prezos do alugueiro subiron un 8% en Galicia
O prezo dos alugueiros non deixa de medrar desde o 2015. As cifras de 2019 confirman esta tendencia.
Alejandro Vázquez Torres: "Moitos propietarios optaron por poñer as súas propiedades en alugueiro vacacional. Reducimos a oferta e a demanda segue medrando e fai que os prezos aumenten".
Álvaro Rodríguez: "A posible limitación dos alugueiros puido facer que os propietarios soliciten maís prezo".
Galicia foi, canda Valencia e o Pais Vasco, unha das comunidades en que máis medrou o prezo do alugueiro durante o pasado ano cun 8%. Por provincias A Coruña lidera a suba e a cidade, ademais, sitúase como a máis cara de Galicia con prezos que roldan os 800 euros de media.
Alejandro Vázquez Torres, experto inmobiliario: "Veu moita xente traballar a empresas como Inditex ou Estrella Galicia e non sempre se atopan propiedades".
Aínda así, o mercado apunta a unha moderación da suba, que xa comeza a notarse en cidades como Madrid ou Barcelona.