CRTVG

Buscar

Os prezos de 1.290 medicamentos baixan a partir de hoxe

Publicado o 01/11/2019 15:10

Este venres entra en vigor a Orde de Prezos de Referencia publicada no BOE o pasado 19 de setembro polo que baixan de prezo 1.290 medicamentos. Algúns dos fármacos fixéronno de forma considerable, ata un 80% coma os antiinflamatorios, antiglaucomatosos, analxésicos opiáceos e antisicóticos. Esta rebaixa no prezo ao consumidor reducirá tamén a factura pública de medicamentos en máis de 39 millóns de euros, segundo os cálculos que fixo o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

 

Noticias web

01/11/2019