CRTVG

Buscar

Os prezos baixaron sete décimas en xullo en Galicia

Publicado o 13/08/2020 14:06
Os prezos baixaron sete décimas en xullo en Galicia

Seguen baixando os prezos. E en xullo máis que nos meses anteriores, segundo os datos confirmados polo INE. A caída é de seis décimas no conxunto de España e en Galicia unha décima máis, sete. É o dobre de descenso que en xuño, principalmente polo abaratamento dos servizos en hoteis, cafeterías e restaurantes. En cambio, os alimentos e as bebidas seguen subindo de prezo, aínda que menos que nos meses anteriores.

Noticias web

13/08/2020